Teru teru bozu

Teru Teru Bouzu é un pequeno boneco tradicional xaponés feito con papel branco ou tea, que pendura nas xanelas os días de choiva. Segundo a tradición, é un amuleto que sirve para previr os días de choiva e atraer o bo tempo.

O Teru Teru Bouzu fíxose popular no período Edo. Os nenos construían estes amuletos para ter un bo tempo no seguinte día, dicindo as palabras “menciñeiro do bo tempo, por favor deixa que o tempo sexa bo mañá”.

Na actualidade os nenos fan estes amuletos con papel tisú ou tea branca, e pendúranos na xanela co desexo de ter un día asollado ao seguinte día, frecuentemente en días anteriores a algunha excursión escolar ou a un pícnic. Pendurados de xeito invertido significa desexo de atraer á chuvia.

Se o teru teru bozu cumpliu o teu desexo regalaraslle unha campaiña dourada e se non o fai cortaraslle a cabeza (pobriño xD )

Tamén existe unha coñecida canción asociada ao Teru Teru Bouzu máis abaixo déixovos a música cantada por Miku e outra por Rin (vocaloid):
Xaponés:
てるてるぼうず、てるぼうず
明日天気にしておくれ
いつかの夢の空のように
晴れたら金の鈴あげよ

てるてるぼうず、てるぼうず
明日天気にしておくれ
私の願いを聞いたなら
甘いお酒をたんと飲ましょ

てるてるぼうず、てるぼうず
明日天気にしておくれ
もしも曇って泣いてたら
そなたの首をちょんと切るぞ

Rōmaji:
Teru-teru-bozu, teru bozu
Ashita tenki ni shite o-kure
Itsuka no yume no sora no yo ni
Haretara kin no suzu ageyo

Teru-teru-bozu, teru bozu
Ashita tenki ni shite o-kure
Watashi no negai wo kiita nara
Amai o-sake wo tanto nomasho

Teru-teru-bozu, teru bozu
Ashita tenki ni shite o-kure
Moshi mo kumotte naitetara
Sonata no kubi wo chon to kiru zo

Traducción
Teru-teru-bozu, teru bozu
Fai que mañá o día estea soleado
Como o ceo dun soño que unha vez tiven
Se está soleado, dareiche un axóuxere dourado

Teru-teru-bozu, teru bozu
Fai que mañá o día estea soleado
Se fas que o meu soño se torne realidade
Nós beberemos moito  doce de arroz

Teru-teru-bozu, teru bozu
Fai que mañá o día estea soleado
Pero se está nubrado e ti estás a chorar
Entón, eu cortareiche a cabeza

http://www.youtube.com/watch?v=tq752c8slGY&feature=related (Miku)

http://www.youtube.com/watch?v=ocKlKsFbCJk&feature=related (Rin)

A miña amiga Susi e mais eu, colgamos un na habitación do hotel no que durmimos na escursión de fin de curso. Co mon tíñamos axóuxeres dourados demoslle un bico jejeje.  A ver se consigo unha foto do noso (que o gardou Susi)e póñoa, de momento haberá que contentarse con esta:

Lindo, verdade? O noso molaba mais jejeje.Déixovos un tutorial para facer o voso propio teru teru bozu:
http://www.youtube.com/watch?v=Lw7iQ5XgRO0&NR=1&feature=fvwp

Mata ashita!!!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s