Origami

Origami

O origami (折り紙) é a arte de orixe xaponesa de doblar papel (literalmente significa “doblar” (oru, 折る) “Papel” (kami, 紙), é algo parecido á papiroflexia so que no origani non se corta nin se pega, so se dobla papel. A xente profesionl fai cousas increibles como o dragón ou o cisne que deixo a continuación.

O origami defínese como a arte educativa na que as persoas desenvolven a súa expresión artística e intelectual. Tamén hai quen di que é a esencia que se esconde tras os dedos daqueles que pregan papeis para dar nacemento a innumerábeies figuras. Segundo Vicente Solozano é unha ciencia expresada cos dedos.
Partindo dunha base inicial (cadrados e rectángulos xeralmente) obtéñense figuras que poden ir dende modelos sinxelos ata pregados de gran complexidade.Os máis comúns para modelar son animais e outros elementos da natureza (flores, árbores, etc).

Non se debe confundir pregar papel con rachar ou cortar papel, é dicir o ‘origami co kirigami e o maquigami, xa que son técnicas totalmente distintas. O kirigami é a técnica de cortar papel debuxado, empregando tesoiras. O termo deriva das palabras xaponesas kiru (cortar) e kami (papel). O maquigami é a arte e técnica de traballar o papel rachando, dobrando, enrugando, etc., unicamente coas mans. O termo procede dos vocábulos quechua maqui (man) e kami (papel). Estas técnicas permiten e promoven o traballo en grupo e o desenvolvemento da creatividade. É preciso aclarar que tanto o origami como o kirigami e o maquigami teñen metas comúns, pero as técnicas son diferentes.

As primeiras figuras do Origami remóntanse en Xapón ao Período Heian. A figura considerada máis antiga é a da bolboreta. Este doblado empregábase en vodas, nas que se realizaban unha bolboreta femia e outra macho, que se introducían en dúas botellas de sake (bebida alcoholica xaponesa que na miña opinoón non debe estar moi rica ;)); durante a cerimonia mesturábase o contido das dúas botellas nunha soa, ofrecéndolla aos noivos como símbolo de amor eterno.

O primeiro practicante do origami foi a Corte Imperial, que comezou empregándoo como pasatempo, logo como tradición cerimonial e máis tarde para dobrar cartas e poemas dunha forma delicada e significativa. A elección do papel e a forma de pregado teñen que ser acordes ao contido da nota, xa que eran decisivos para a consideración do remitente e influían na súa posición, tanto dentro da Corte do Emperador como para conseguir a atención dunha rapaza.

Co paso do tempo, tanto ricos coma pobres comezaron a facer figuras de papel (elemento que se converteu en fácil e barato de conseguir), que empregaban desde para rituais da vida cotiá como para a arquitectura. O Kami, como se chamaba orixinalmente o Origami, evolucionou no Período Muromachi, e converteuse nunha nova tradición que os pais transmiten aos fillos, ensinándolles a facer figuras milenarias como o “tzuru” (grúa), o “yakko” (guerreiro xaponés) e o “sambo” (caixa de comida).

O furor desta técnica ten lugar no Período Edo, considerado o máis importante, xa que despois de longos disturbios internos e loitas de poder, nesta época reinou a paz e orde. Aparecen entón as escolas de etiqueta social, onde se ensinaba a cerimonia do té, posturas das flores segundo as ideas do Zen, poesía e realización de felicitacións con origami entre outras actividades.

Cada 6 de agosto para recordar os 75.000 mortos que a bomba atómica causou en Hiroshimafacendo fanse faroliños de papel que poñen a flotar en ríos, lagoas e lagos.
É unha arte xaponesa alucinate, verdade?
Déixovos un vídeo para facer un loro e unha flor. Son chungos de facer!!!

Mata ashita!!!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s