Mans

As máns son moi difíciles de facer (na miña opinión) e hoxe, milagrosamente atopei un tutorial de máns no que non di “necesitas tutoriales para eso? copia tus manos!!!”. Aquí vos deixo o que atopei; outra das maravillas de Emilio Sotto xD

Consellos:
– Practicar debuxando as propias mans.
– Practicar debuxando dedos soltos.
– Verificar que a pose sexa correcta e que se poida realizar na realidade.

1 – Para comezar pódese debuxar dous cadrados un enriba do outro.
2 – No cadrado inferior debuxamos un círculo cunha liña que nos dará a orientación do pulso, no superior facemos unha semi-elipse que serán os dedos.
3 – Dividimos a semi-elipse en catro indicando a posición dos dedos e agregamos o pulgar ao costado.
Coa práctica resultarache máis doado debuxar un circulo (a palma) e cinco liñas (os dedos) recorda que os dedos teñen volume e que se tapan un aos outros.

LONXITUDE DOS DEDOS
O dedo indice e o dedo anular teñen case a mesma lonxitude…mais ou menos o punto medio da punta do dedo corazón. O dedo anular é lixeiramente mais longo. O dedo maimiño ascende ata a última liña do nudillo do dedo anular.
O dedo pulgar ten tamén 3 nudillos pero a ancoraxe está oculta dentro da palma.

Os dedos comezan estreitos na súa base, ensánchanse no primeiro nudillo entón vólvense estreitar cara ao extremo. Debuxando engurras alá onde a man mais se dobra engádese certa credibilidade ao debuxo… nos nudillos e ao longo das palmas. Mira a túa propia man como referencia.
Arriba hai series de debuxos da man baseados nos diagramas de arriba.

DIFERENZAS ENTRE AS MANS DE HOMES E MULLERES

Hai que ter en conta que as mans dos homes non son iguais ás das mulleres.
Os dedos dos homes presentan mais liñas rectas e as mans das mulleres teñen lineas curvas e suaves.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s